jueves, 28 de julio de 2011

Aprender mejor de forma diferente

  • La nueva educación revolucionará la manera de aprender en las aulas
  • Punset entrevista a Curtis Johnson, experto en educación
PREME NA IMAXE 

domingo, 22 de mayo de 2011

ESPAZO ABALAR

14/01/2011: Novo informe responsables Abalar
Engadido novo informe "AL070-Responsables Abalar" que recolle a relación de responsables subscritos en "espazoAbalar" para recibir información dos seus fillos por vías telemáticas.

02/03/2011: Novidades relacionadas co Espazo Abalar
Todos os centros que imparten as ensinanzas de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato teñen dispoñible a aplicación www.edu.xunta.es/espazoAbalar desde o día de hoxe. As cualificacións da 1ª avaliación están publicadas, polo que poderán ser consultadas polos responsables do alumnado dende o Espazo Familias.

No menú Axuda de Xade está dispoñible un manual que explica a operativa das funcionalidades engadidas nesta aplicación en relación co Espazo Abalar.

PREME NO ENLACE http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

martes, 26 de abril de 2011

As Tic e a atención á diversidade e aneae


o ordenador é unha ferramenta eficaz e habilitadora para as persoas con discapacidade.
Vexamos algúns exemplos:

Temos que ter presente que moitos nenos e nenas con algunha discapacidade poden presentar outras deficiencias asociadas, é posible que un neno con parálise cerebral poida ter deficiencia na visión ou dificultades na fala. Outros nenos con síndrome de Down poden ter alteracións na conduta, deficiencias auditivas, etc. Tamén pódense presentar casos máis complexos como puideran ser nenos con pluri-deficiencias.

A incorporación das diversas tecnoloxías dixitais no ámbito educativo do ANEAE (Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo) vai dirixida cara a súa inclusión:
O proceso polo cal facilítase que o alumnado participe do grupo (familia, escola, comunidade, traballo) con todos os seus dereitos na medida das súas posibilidades.

REDES SOCIAIS
paxina web de edmodo
Edmodo é unha rede social educativa para profesores, estudiantes e escolas. Accesible en liña ou empregando calquer dispositivo móbil, incluindo DROID e iPhone.

Ofrece unha comunicación gratis para profesores, estudantes e administradores nunha rede social segura.


  • ZACBROWSER
pantalla do zacbrowser

Zac é o primeiro navegador web desenvolvido especificamente para nenos con autismo e desordes do espectro do autismo como síndrome de Asperger, trastorno invasivo do desenvolvemento. Iste navegador fíxose para os nenos - para a súa diversión, enriquecemento e liberdade. Os nenos o proban, xogan, e interactúan con él e experimentan a sús autonomía co Zac.http://www.zacbrowser.com/es/
  • AUTOCOIDADO e AUTONOMÍA

Aplicacións feitas coa ferramenta de autor "Constructor" da Junta de Extremadura. Estas son sóamente unha mostra, na web poder atopar máis recursos.
Limpos e requetelimpos: A saúde e o coidado dun mesmo
Descarga


pantalla do xogo

Volvendo a casa: Xogo de coñecemento da contorna
Descarga

pantalla do xogo
A alimentación: Hábitos saudables en relación á alimentaciónDescarga

pantalla do xogo
memoria, atencion, secuenciación, causa-efecto, clasificación, conceptos básicos...




  • HMES (Ferramenta multimedia de estimulación sensorial)

O obxectivo xeral deste proxecto é o de deseñar e desenvolver unha ferramenta multimedia para empregar na estimulación sensoriomotriz de aqueles nenos que presentan algún grao de plurideficiencia ou necesidade educativa.

A ferramenta HMES está composta por cinco arquivos, dos que catro corresponden a diapositivas PowerPoint ( Branco/Negro, Color, Branco/Negro/Color e Imáxes) e o derradeiro é unha carpeta con 28 ficheiros de sons.

pantalla dunha das presentacións

Acceso a web de HMES

  • Gcompris Logo do programa

Trátase dun conxunto de programas educativos para alumnos de 2 a 10 anos. Neste momento conta con máis de 50 actividades que van aumentando rapidamente. Funciona con Linux e é software libre. Ten unha interface moi sinxela e atractiva, Algunhas das actividades son: xeografía, o ciclo da auga, as horas, práctica da lectura, xadrez...

Acceso a web


imaxe do programa Gcompris


  • SENSWITCHER


pantalla programa senswitcher

O programa Senswitcher é un programa dirixido a persoas con graves dificultades para a aprendizaxe. Composto por 132 actividades, organizadas en oito fases, que van dende a estimulación visual e auditiva ata a aprendizaxe da relación causa-efecto.
Pode ser empregado co teclado, rato ou conmutador e permite ser configurado de xeito sinxelo con diferentes opcións de pantalla.

Descarga

sábado, 19 de febrero de 2011

Recursos Creative Commons


Aquí tendes uns enlaces a recursos Creative Commons que poderemos usar, citando a fonte, para crear os nosos materiais didácticos con total tranquilidade.
  • Banco de imáxes en castellán con licencias CC en pixalia.